EUDAT é unha iniciativa financiada polo VII Programa Marco de I+D+i da Unión Europea, que pretende desenvolver un modelo de infraestrutura colaboradora de datos (Collaborative Data Infrastructure, CDI) que integre a todos os axentes involucrados (xestores de repositorios de datos nacionais, centros de almacenamento e computación, redes, provedores de identidade, e centros de investigación e universidades que utilizan esas infraestruturas de datos). O proxecto pretende que a súa infraestrutura sexa:
- Colaboradora
- Orientada ás necesidades dos investigadores
- Sostible e flexible
- Pan-europea
- Multidisciplinaria